Vilagarcía solicita 3,4 millóns de euros ao Ministerio de Turismo para diferentes proxectos
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía ven de presentar ao Plan Nacional Turístico Xacobeo, convocado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, unha subvención de 3,4 millóns de euros para o desenvolvemento de 17 actuacións tendentes a mellorar, modernizar e desenvolver o potencial turístico do municipio.
Os proxectos inclúen dende obras de recuperación de espazos, infraestruturas e equipamentos ata a creación de novos servizos, pasando por sinalización turística en braille e pictogramas.
Por exemplo, o Concello inclúe no apartado de obras a construción das piscinas ao aire libre no bordo litoral da contorna da praia e o acondicionamento para uso turístico da parcela de 6.800 metros cadrados do Ramal que se vén de adquirir á Autoridade Portuaria.
Tamén figura a restauración ambiental do tramo que enlazará a Vía Verde coa rede de Ciclovías, a complementariedade das ciclovías e do carril bici e o acondicionamento de párkings disuasorios, puntos de recarga para cadeiras de rodas, bicis e patíns eléctricos, a creación de estacións BTT vinculadas ás rutas cicloturistas existentes.
A conversión da Oficina de Información Turística nunha Oficina de turismo dixital e intelixente (smart CRV), a instalación de sinalización turística dixital (smart tourism) e a implantación dun sistema de sinalización dixital na rede de ciclovías e o seu enlace co proxecto "Eurovelo" do Camiño de Santiago en bicicleta.
Ademáis propón a instalación de taquillas de acceso mediante sensórica (no touch) e co desenvolvemento dunha nova web, app e contidos multimedia, no marco da estratexia de social listening e redes sociais.
Inclúese a renovación e paso á tecnoloxía led do alumeado público de zonas turísticas como o paseo marítimo, espazos de ocio e parques, as ciclovías e as zonas incluídas no Camiño de Santiago.
Relacionadas:
-
Conceden medio millón de euros máis dos fondos Next Generatión para o proxecto "Vilagarcía Viva"
Por Redacción |
-
O Concello de Vilagarcía licita de novo o proxecto da piscina tras ampliar o orzamento ata un 20%
Por Redacción |
-
Vilagarcía suma 14 'aparcabicis' con capacidade para unhas duascentas bicicletas
Por Redacción |
-
A provincia rexistrou unha ocupación hoteleira do 75% na ponte do Pilar
Por Oskar Viéitez |
-
Unha empresa especializada en poda en altura analizará o estado das árbores de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Chévere reflexiona con N.E.V.E.R.M.O.R.E. sobre a catástrofe do Prestige
Por Oskar Viéitez |