Salvan un can moribundo nunha lameira en Poio
Por Redacción
A Policía Local de Poio rescatou un can que se atopaba moribundo nun bulleiral.
Os feitos ocorreron ao redor das 18:30 horas da tarde do xoves, cando os axentes recibiron o aviso dun veciño que informaba do estado do animal.
Cando os axentes acudiron, o can estaba no medio do barro e presentaba dificultades para camiñar. Ademais, estaba completamente desnutrido, cego e con diversas feridas. Tamén tiña un vulto debaixo da mandíbula.
Segundo informou a Policía, o animal non tiña chip e foi trasladado de inmediato ao veterinario, onde actualmente atópase recuperándose.