Casa Museo de Colón incrementa en case un 50% o seu número de visitantes
Por Redacción
Desde a súa reapertura o pasado mes de abril, a Casa Museo de Colón situada no lugar de Portosanto, en Poio, incrementou en case un 50% o seu número de visitantes comparado coas cifras de 2020.
Segundo informa o Concello de Poio o museo foi visitado desde entón por 584 persoas, coa previsión de superar as 600 visitas antes de pechar as súas portas o próximo día 30 de outubro.
Desde o goberno local valórase positivamente estas cifras sobre todo porque "este ano o horario de atención ao público é só de mañá mentres que en 2020 era de mañá e de tarde", explica a edil de Turismo, Silvia Díaz.
No que respecta a a procedencia dos visitantes, a maioría proviñan das provincias de Pontevedra e A Coruña, pero tamén doutras comunidades como Madrid, Castela A Mancha e Castela León.
Durante este tempo casa Museo de Colón tamén recibiu a visita de grupos organizados, para o que Díaz agradeceu a implicación de colectivos como a Asociación Galicia Histórica "que vén realizando desde hai xa varios anos un gran labor no que á difusión da teoría do Colón galego se refire".
Relacionadas:
-
A Concellería de Turismo impulsa o proxecto 'Descubre Poio' para profesionais do sector
Por Redacción |
-
Poio contará cunha web turística
Por Redacción |
-
Un veciño de Portosanto fai unha curiosa doazón á Casa Museo de Colón
Por Oskar Viéitez |
-
Unha subvención de 54.000 euros para poñer en valor a Casa Museo de Colón
Por Redacción |