Visita técnica previa ás obras de ampliación da senda do río Bispo
Por Redacción
O alcalde Bueu, Félix Juncal, realizaba este xoves unha visita á contorna do río Bispo onde se van a acometer obras de ampliación da senda que discorre entre o lavadoiro da Portela e O Valado.
Nesta visita participou o persoal da empresa EC Casas, a adxudicataria destes traballos que permitirán a mellora dun percorrido con moito valor cultural, patrimonial e etnográfico. Tal e como apunta o rexedor e encargado da área de Obras e Servizos, "esta actuación, que se levará a cabo no marco das subvencións do Plan Concellos 2020, é un proxecto de grande interese para a cidadanía e do que xa comprometeramos a súa execución nunha reunión coa veciñanza a comezos do verán".
A mellora da senda rural do río Bispo vai ser unha das actuacións prioritarias do goberno local na zona do Valado, e permitirá acondicionar máis dun quilómetro de camiño ata o lavadoiro da Portela, dando continuidade así ao tramo urbano que se preparou hai uns anos.
Cun orzamento de 39.898,10 euros, a obra incluirá traballos de limpeza e preparación do camiño con xabre, e a colocación de paneis interpretativos e báculos de distancias. Como apuntou Félix Juncal, "o obxectivo é revalorizar este espazo que se utilizaba como punto de reunión cando se lavaba a roupa e se mazaba o liño"
O río Bispo é a principal arteria fluvial de Bueu, que acada diversos nomes no seu longo percorrido, como río Frade, Canudo ou Portela. Ao longo do seu trazado tamén aparece unha numerosa cantidade de elementos patrimoniais como muíños, fontes e lavadoiros.