César Poza esixe que se cubran as dúas prazas médicas vacantes no centro de saúde
Por Redacción
O goberno local de Vilaboa demanda información aos responsables da xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés ante a falta de cobertura médica no centro de saúde do Toural.
O alcalde César Poza enviaba estes días un escrito para preguntar pola situación que se rexistra neste centro médico. A carta foi enviada á directora de Atención Primaria do Sergas, á directora de Recursos Humanos e tamén ao xerente José Ramón Gómez do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
O rexedor alerta de que ao centro asignáronlle catro prazas de médicos e, malia iso, durante os últimos días só dous médicos prestan servizo aos pacientes. As outras dúas prazas atópanse sen cubrir despois de que os titulares se xubilaran durante as últimas semanas.
Esta situación, segundo denuncia Poza, provoca unha acumulación de cota na axenda dos dous profesionais médicos que están a traballar actualmente en Atención Primaria. Isto xera queixas de pacientes que demandan un encontro persoal cos facultativos despois de meses nos que a atención era telefónica.
Por este motivo, o alcalde pregunta á Xunta cando prevé incorporar aos dous facultativos que faltan para recuperar a normalidade no servizo asistencial. Desde o goberno local queren que se lles informe das previsións da Consellería de Sanidade para cubrir as vacantes.
Relacionadas:
-
Protesta do persoal dos nove PAC da área sanitaria polas quendas impostas: "no hay cuerpo que lo aguante"
Por Anxo Lourido |
-
Anuncian a reforma de dez centros de saúde na área sanitaria antes de que finalice 2021
Por Redacción |
-
Sanidade anuncia que a partir deste xoves poderase pedir cita presencial en Atención Primaria
Por Oskar Viéitez |