A partir do mércores José Malvar terá dirección única de subida
Por Redacción
O Concello de Pontevedra informou que a partir deste mércores, José Malvar só terá unha dirección posible, de subida, e ningún vehículo poderá baixar por ela até que non remate esta primeira fase da obra.
O corte do carril de baixa será a partir das 09.30 horas do mércores (co fin de facilitar o tráfico de entrada colexios).
O tráfico procedente de Doce Novembro/Eduardo Pondal cara á Ponte dos Tirantes ten as seguintes alternativas:
- Rúa Estrada . Avenida de Lugo – Valdecorvos ou Monte Porreiro.
- Eduardo Pondal – Rúa das Hortas – Pintor Laxeiro – Virxinia Pereira – Avd. Lugo – Monte Porreiro
- Doce de Novembro . Loureiro Crespo – Casimiro Gómez
Esta última terá fortes restricións en horas puntas: os tráficos de subida de José Malvar, Loureiro Crespo e Casimiro Gómez, conflúen na rotonda de Loureiro Crespo con Doce de Novembro, polo que é probable que, en horas puntas, esta colapse, polo que terá que ser desviado o tráfico, ben cara a Rúa Estrada ou Texoeira.
O tráfico pesado xa fora desviado con antelación pola Seca, e os autobuses poderán seguir subindo pola rúa afectada e baixar por Casimiro Gómez durante toda a actuación
Relacionadas:
-
A previsión do Concello é abrir o venres Xosé Malvar
Por Redacción |
-
O Concello espera inaugurar a reforma de Loureiro Crespo a finais de novembro
Por Oskar Viéitez |
-
As obras de José Malvar obrigan a cortar o carril de baixada a partir do día 13
Por Redacción |
-
As obras de reparación de Xosé Malvar obrigan a limitar o tráfico segundo o peso dos vehículos
Por Redacción & Cristina Saiz |