Cuntis mellora o camiño da N-640 ao enlace de Soutelo

Por Redacción
O plan de mellora de camiños continúa en Cuntis coa renovación do camiño da N-640 ao enlace de Soutelo, na parroquia de San Mamede de Piñeiro. A obra realizarase en diferentes fases debido á forte inversión necesaria para o tramo de tres quilómetros.
Na primeira fase, o Concello realizou un varrido do pavimento existente por medios mecánicos e escavaron e limparon as cunetas para a mellora da evacuación das augas pluviais.
Tamén actuaron nos bordes para ampliar a plataforma destinada á circulación de vehículos, favorecendo a circulación segura en ambos sentidos.
Segundo informaron desde o goberno local, a obra conta cun investimento de 43.930,77 euros. Nel contribuíron o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (FEDER) e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Relacionadas:
-
Investimento municipal de 159.000 euros para actuar en camiños en Troáns, Cuntis, Magáns e San Mamede
Por Redacción |
-
Cuntis saca a licitación a mellora de camiños na aldea de Fontecova
Por Redacción |
-
Renovación do alumeado público da estrada N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis pavimenta o vial que une San Miguel de Couselo coa N-640
Por Redacción |
-
Primeiros pasos para mellorar a seguridade viaria na rúa da Palma de Cuntis
Por Redacción |