Unen poesía e fotografía no concurso escolar 'Lebres coma gacelas' que homenaxea a Xela Arias
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra lanza un concurso escolar entre o alumnado de Secundaria enmarcado nas actividades en homenaxe a Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.
De xeito paralelo e complementario á exposición 'Lebres coma Gacelas', o órgano provincial busca achegar a figura e o legado de Arias ao público máis joven e fomentar a súa creatividade unindo poesía e fotografía.
Para participar, o alumnado dos centros deberá realizar creacións artísticas (unha por autor/a) que combinen fotografías e poesías inéditas. Unha persoa responsable do centro educativo presentará as obras realizadas, que deberán estar identificadas co nome, idade e co centro da persoa participante.
Enviarase en formato JPG ou PDF e cunha alta resolución ao correo electrónico participa.igualdade@depo.gal. O prazo de entrega finalizará o 5 de novembro.
A Deputación premiará a estudantes e a os centros onde estudan, dando ao instituto gañador un mural dedicado a Xela Arias que realizará a artista Tania Solla e unha actividade lúdica e interactiva sobre Arias impartida polo Correo do Vento.
Ademais, a persoa gañadora recibirá unha cámara Polaroid e un agasallo didáctico.