A Deputación pide á Xunta que inicie o proceso para que a Escola de Cantería entre no Catálogo Nacional de Cualificacións
Por Natalia Puga
A Deputación de Pontevedra enviou este venres unha carta dirixida á Xunta de Galicia para que inicie o procedemento para que a Escola de Cantería de Poio poida entra no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
A presidenta provincial, Carmela Silva, anunciou o envío da misiva, e insistiu en varias ocasións en que "as competencias exclusivas en materia de educación e, en particular, en formación profesional son da Xunta" de Galicia, por iso é polo que corresponde á administración autonómica iniciar este procedemento.
Carmela Silva explicou en rolda de prensa que o procedemento vai ser "complexo" e "hai que inicialo xa", de modo que pide ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, un compromiso real con este asunto. "É o momento de que o tome en serio", engadiu.
"Non podemos esperar máis", insistiu a presidenta provincial, que manifestou que desde a Deputación esperan que a Xunta os convoque para que "de maneira inmediata" se poida empezar a falar da transferencia da Escola de Cantería.
Esta carta chega despois de que esta mesma semana a Comisión de Educación e Formación Profesional do Congreso dos Deputados debateu unha Proposición Non de Lei do grupo popular relativa á Escola de Cantería de Poio.
Unha vez engadida unha emenda do grupo socialista, o Congreso acordou instar o Goberno a seguir realizando unha profunda análise das ofertas de Formación Profesional e, no seu caso, dos Ensinos Artísticos, tomando como referencia o Catálogo Nacional das Cualificacións, e crear a titulación académica que ordene os ensinos de cantería e mestre de cantería dirixida á produción e restauración artística, así como a súa contribución e aplicación á arquitectura.
Relacionadas:
-
Repararán a cuberta e a fachada da Escola de Cantería para acabar coas filtracións
Por Redacción |
-
'Orixes' recolle no Mosteiro de Poio trinta pezas da Escola de Cantería
Por Redacción |
-
370.000 euros para impermeabilizar a Escola de Cantería
Por Redacción |
-
O Congreso insta ao Goberno a crear unha nova titulación de FP de cantería
Por Oskar Viéitez |
-
A Escola de Cantería abre o día 13 o prazo de matriculación
Por Redacción |
-
O PP asegura que a Escola de Canteiros de Poio "está abocada á desaparición"
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Un novo grao técnico de pedra natural pode poñer en xaque á Escola de Canteiros
Por Redacción |