Aínda queda un paciente con covid na UCI de Montecelo
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este venres 8 de outubro, 44 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 8 menos que onte xoves.
Nas últimas 24 horas confirmouse un novo caso nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.
O número de pacientes hospitalizados é de 2 persoas atendidas no Hospital Montecelo. Queda un só paciente ingresado en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo. O resto dos que contraeron o virus, 41 casos, atópanse illados nolos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 21.184 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse outras 9 persoas.
Durante a pandemia rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 304.388, nas últimas 24 horas fixéronse 120. A estas probas súmanse as 142.808 probas de antígenos e outras 109.085 probas de detección realizadas ata a data.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 589 deles 161 son da área da Coruña, 92 da de Lugo, 111 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 110 da área de Vigo, 63 da de Santiago e 8 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 32 en unidades de hospitalización e 547 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.307 persoas curadas, rexistrándose 2.640 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.854.310.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.399.863.