O Congreso insta ao Goberno a crear unha nova titulación de FP de cantería
Por Oskar Viéitez
O Congreso dos Deputados aprobou este mércores de maneira unánime instar o Goberno a que cre unha nova titulación de FP dos ensinos de cantería e mestre de cantería.
Tratábase dunha iniciativa do Partido Popular que foi defendida pola deputada Ana Pastor na Comisión de Educación e Formación Profesional (FP).
Subliñou na súa intervención que estes estudos que se imparten na Escola de Cantería de Poio, dependente da Deputación de Pontevedra, "son muy valorados fuera y dentro de España, pero como esta formación no otorga la titulación que merece, cada año son menos los alumnos que se animan a iniciar sus estudios en cantería pese a que esta sería su primera opción en Formación Profesional".
Por parte do grupo socialista interveu o deputado Guillermo Meijón, que lembrou aos populares que "la Xunta frenó en seco todas las iniciativas para lograr el reconocimiento académico de las enseñanzas de cantería y maestro de cantería".
Finalmente, chegouse a un texto transaccional coa emenda do PSOE polo que o Congreso dos Deputados insta o Goberno a crear a titulación académica que ordene os ensinos de cantería e mestre de cantería dirixida á produción e restauración artística, así como a súa contribución e aplicación á arquitectura.
Ademais o texto pide ao Goberno que no devandito proceso téñase en conta a aqueles sectores que teñen intereses lexítimos nos ensinos suxeitos a ordenación e "que se habiliten conforme ao ordenamento xurídico os procedementos de homologación ou convalidación pertinentes".
A escola de cantería de Poio comezou a súa andaina o 15 de xaneiro de 1979, deixando pegada no patrimonio arquitectónico popular de Galicia e de todo o mundo; pero a pesar do recoñecemento do que goza a escola e os traballos producidos non existe en España unha titulación específica de Formación Profesional definida polo Ministerio de Educación.
A finais do ano pasado, tras a resolución da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia, inscribiuse á Escola de Cantería no rexistro de centros e entidades para a formación e o emprego de Galicia, o que lle habilita para expedir dous certificados de profesionalidade.
Relacionadas:
-
Repararán a cuberta e a fachada da Escola de Cantería para acabar coas filtracións
Por Redacción |
-
370.000 euros para impermeabilizar a Escola de Cantería
Por Redacción |
-
A Deputación pide á Xunta que inicie o proceso para que Cantería entre no Catálogo Nacional de Cualificacións
Por Natalia Puga |
-
O PP asegura que a Escola de Canteiros de Poio "está abocada á desaparición"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación anima á mocidade para descubrir a cantería e valorala como opción de futuro
Por Redacción |
-
O goberno provincial asegura que nunca haberá un título de FP para a Escola de Cantería se non se transfire o centro á Xunta
Por Redacción |
-
O PP reclama en Madrid que se recoñeza a formación da Escola de Cantería de Poio
Por Redacción |
-
A Escola de Cantería consegue a acreditación como centro de formación para a expedición de certificados de profesionalidade
Por Redacción |