A mellora de Lameiriña e Caneliñas, en Raxó, estará rematada en seis meses
Por Redacción
O Concello de Poio pon en marcha os proxectos de recuperación e mellora da contorna das rúas Lameiriña e Caneliñas, na parroquia de Raxó.
É unha obra da que se encargará a empresa COVSA, despois do cesamento repentino de actividade da anterior adxudicataria, Nexia, que obrigou a reiniciar o proceso de licitación.
Este feito aproveitouno o goberno local para ampliar o proxecto, que agora servirá tamén para reformar o espazo comprendido entre ambas as rúas e a praza Lameiriña, así como un dos ramais que enlazan coa PO-308.
O orzamento supera os 365.000 euros e será financiado con cargo ao Plan Concellos da Deputación e o prazo de execución será de seis meses.
Entre as melloras para realizar inclúese a dotación dunha superficie de lastra así como a renovación de servizos básicos como o abastecemento e a instalación de dez bocas de rega. A actuación mellorará tamén a seguridade viaria e a accesibilidade.