A Autoridade Portuaria de Marín acepta a adscrición dos terreos que ocupa ENCE en Lourizán
Por Oskar Viéitez
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra aceptou a adscrición dos terreos que ocupa a fábrica de Ence en Lourizán.
Así o indicou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda que avanzou que o executivo autonómico está "a explorar a posibilidade que expuxeron os traballadores" de adscribir ao Porto de Marín os terreos de dominio público marítimo terrestre que ocupa a fábrica de Lourizán "e por tanto dar unha solución xurídica para que ao final poidan seguir as instalacións en Pontevedra".
A Xunta trasladou a consulta sobre esta posibilidade á Autoridade Portuaria e este luns "acaba de contestar dicindo que si, que sería unha situación óptima a ampliación dos terreos do Porto para facer unha adscrición maior e que puidese haber máis instalacións aí", informou Alfonso Rueda.
Agora a Xunta elevará ao Consello Consultivo de Galicia esta posibilidade. O vicepresidente primeiro apuntou que "ata o de agora, a todo o mundo valéronlle" as respostas que deu este órgano de carácter técnico xurídico. "Por suposto, que se di que non o ve viable é unha posibilidade que criamos que valía a pena explorar pero que non pode ir máis aló, se o ve viable cremos que hai unha solución que, cando menos, debe plantexarse", comentou Rueda Valenzuela.
Fronte a aqueles que sosteñen que non é legal a adscrición ao Porto dos terreos que ocupa Ence o vicepresidente primeiro pediu "un pouco de coherencia e que non descarten posibilidades, sen dar ningunha razón, sen saber antes se é viable" e insistiu en que "aquí o que estamos a tentar é salvar postos de traballo".
"Se nos din que non, para a Xunta de Galicia esa posibilidade terminou", insistiu Rueda sobre a resposta do Consello Consultivo.
Rueda tamén confirmou que a Xunta de Galicia aínda non recibiu a convocatoria por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica para celebrar unha nova reunión da mesa de traballo para abordar o futuro da fábrica de Ence en Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Goberno comprométese a crear un informe con alternativas para unha nova ubicación de Ence que contaría con financiación estatal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Renovada a tendedeira de redes do Porto de Marín cun investimento de 200.000 euros
Por Redacción |
-
A Xunta eleva ao Consello Consultivo de Galicia a consulta sobre a viabilidade de adscribir ENCE ao Porto de Marín
Por Natalia Puga |
-
ENCE considera "unha boa noticia" o apoio da Autoridade Portuaria á adscrición dos terreos que ocupa a fábrica
Por Redacción |
-
A sección sindical de CC.OO. en Ence asegura que adscribir a fábrica ao porto é "legal"
Por Manu Otero |
-
A APDR traslada a súa preocupación ao Consello Consultivo ante os "intentos do Goberno galego por favorecer a Ence"
Por Redacción |
-
O comité de empresa de fábrica de Ence teme que a Xunta pretenda "deixar correr o tempo enredándonos en consultas legais"
Por Redacción |
-
Mosquera descarta a adscrición de Ence ao Porto de Marín porque tamén ocuparía terreos de dominio público
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |