O PP pon o foco en pintadas contra a Policía que locen as fachadas dalgúns edificios municipais

Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra pon o foco nas pintadas contra as forzas e corpos de seguridade do Estado que presentan a fachada dalgúns edificios municipais.
A concelleira Pepa Pardo rexistrou este luns un escrito solicitando a limpeza inmediata dunha serie de grafitis ofensivos cara a Policía realizadas na fachada do edificio administrativo do Concello na rúa Michelena e nas instalacións do centro deportivo municipal en Campolongo.
En ambas as localizacións pódese observar o acrónimo ACAB, All cops are bastards, en galego, "todos os policías son bastardos".
Engaden desde a formación popular que "condenamos rotundamente todas estas pintadas, que son totalmente ofensivas e incitan ao odio. Non só reprobamos estas pintadas, senón que queremos enviar o noso apoio total tanto á Policía Nacional como ao resto de corpos de seguridade do Estado", dixo Pardo.
O PP solicita o borrado das pintadas e que ademais, desde o goberno local, se conden de maneira unánime estes actos vandálicos: “Esta corporación debe mostrar o seu apoio á Policía e ao resto de corpos que tan gran labor realizan todos os días do ano ao servizo da cidadanía".
Relacionadas:
-
Veciños do lugar do Rial denuncian actos vandálicos e ataques ás súas propiedades
Por Redacción |
-
As autoridades, "tras a pista" do autor das pintadas no centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez: "No vamos a permitir que, por el cabreo del BNG, no se hagan las inversiones previstas en Monte Porreiro"
Por Anxo Lourido |
-
O PP reclama que o Concello se implique na financiación do novo albergue de Cáritas
Por Redacción |