Lixeiro incremento de casos activos e de ingresos hospitalarios por covid-19 na área sanitaria
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén tres pacientes covid ingresados en planta de hospitalización, un máis que o domingo, mentres que dous pacientes con covid-19 permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Este luns 4 de outubro, a cifra de casos activos ascende a 65 na área sanitaria, sumando dous casos máis. 60 pacientes atópanse nos seus domicilios evolucionando da enfermidade, segundo a Consellería de Sanidade.
Non se rexistraron na área falecementos durante os últimos días, situándose a cifra de vítimas en 205 pacientes desde o inicio da pandemia e curáronse 21.158 pacientes, os mesmos que na xornada do domingo.
Realizáronse 126 probas PCR nas últimas 24 horas co resultado de dous novos casos confirmados a través destas probas.
GALICIA
Segundo os datos trasladados pola Consellería de Sanidade detectáronse 28 positivos novos nas últimas 24 horas en Galicia. Trátase de sete contagios menos respecto a os contabilizados o domingo e cinco menos en relación ao luns da semana pasada.
O número de casos activos é de 741 enfermos en Galicia, un máis que o domingo, repartidos da seguinte forma por áreas sanitarias: A Coruña-Cee: 179 (-11); Vigo: 143 (-8); Ourense: 126 (+2); Lugo: 119 (-15); Santiago - O Barbanza: 88 (-7); Pontevedra-O Salnés: 65 (+2), e Ferrol: 21 (-4).
56 persoas atópanse hospitalizadas en planta, unha máis, e 13 na UCI, unha máis que na xornada do domingo. Nas últimas horas falecía un home de 89 anos no Complexo Hospitalario da Coruña, elevando a cifra de falecidos por covid a 2.639 persoas.
Relacionadas:
-
Recupérase a tendencia descendente na cifra de casos activos e ingresos por covid-19
Por Redacción |
-
Descende lentamente o número de casos activos covid na área sanitaria que conta con 63 positivos
Por Redacción |
-
Catro pacientes permanecen ingresados na área sanitaria por covid-19
Por Redacción |
-
O Sergas propoñerá un aumento de aforos e cambios na medición da incidencia da covid
Por Oskar Viéitez |
-
Setembro remata na área sanitaria con 456 casos de covid-19 menos que cos que empezou
Por Natalia Puga |