Ordenado en sete capítulos: Eu e as miñas circunstancias, A importancia do outro, Reflexións políticas, A presenza do visual, Sons do social, Anecdotario e Dedicatorias fala de todo aquilo que lle ocupa e preocupa. Preguntado por estas últimas sinala que "estamos nunha sociedade na que todo funciona a golpe de click e non deixamos tempo para a reflexión, para o pensamento crítico".
Falamos tamén do lastre pandémico que deixou en evidencia un mantra equivocado: disto saímos mellores. "A nivel social, a nivel político, a pandemia, ademais do sanitario, fixo moito dano" comenta neste podcast do 'Cara a cara'.
Fronte ao que poida parecer, Gómez Novoa é un home marcado polo optimismo e tamén por un notable sentido do humor que empapa moitas das súas escrituras.
Como queda claro no epígrafe das súas colaboracións en PontevedraViva: Ventana indiscreta, o autor é un cinéfilo empedernido. Neste punto recomenda un dos títulos en carteleira: 'Maixabel' de Icíar Bollaín, co que sente vinculado xa que durante a súa etapa como director da prisión A Lama, "Etxezarreta e Luís Carrasco estiveron na Lama antes de ir a Nanclares".