A Deputación volve esixir a "retirada inmediata" da futura Lei do Ciclo da Auga
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra insiste en pedir á Xunta a retirada do anteproxecto de Lei de Xestión do Ciclo da Auga ao entender que incrementa a fiscalidade da factura da auga e que atenta contra a autonomía local.
O deputado Carlos López Font esixiu que a conselleira Ethel Vázquez poña fin á “cadea de falsidades clamorosas” que, segundo dixo “comezou coa mentira de que a nova lei non crea novos tributos e continúa agora con afirmacións como que non vai provocar a subida da factura ou que as tarifas dos tres novos canons son equivalentes ás taxas municipais”.
Font falou de "sablazo fiscal" e de "tarifazo" que "prexudicará especialmente ás persoas que menos consumen e aos fogares con máis residentes".
Carlos Font conclúe que se esta reforma, "máis tributaria que outra cousa", sae adiante, a Xunta fará un "negocio óptimo", pois por un lado recadará máis tributos, incrementando a carga fiscal sobre a cidadanía e, polo outro, "dará outra volta de torca máis" contra a autonomía local "obrigando aos concellos a pagar multas, a pagar parte das grandes obras e a pagar a totalidade das obras dos sumidoiros".
Relacionadas:
-
Carmela Silva no Foro Urbano de España: "Na Deputación sacamos adiante tódolos proxectos pactando cos 61 concellos da provincia"
Por Redacción |
-
Carmela Silva denuncia que a conselleira de Infraestruturas "está a ameazar e chantaxear" a quen se opón á lei do ciclo da auga
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta afirma que a ley de xestión do ciclo da auga non vai crear novos impostos senon reordenar os xa existentes
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva asegura que a Xunta aumentará o recibo da auga ata o 180% nos fogares e o 130% nas empresas
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación está disposta a levar aos tribunais o modelo de xestión da auga da Xunta
Por Oskar Viéitez |