Trinta días para solicitar as axudas do Plan Supera
Por Redacción
As axudas destinadas a subvencionar gastos correntes xa poden solicitarse a través da web oficial do Plan Supera do Concello de Pontevedra.
Destínase un orzamento inicial de 300.000 euros para esta segunda parte do Plan Supera 21 e entre os gastos que se cobren atópanse os relacionados con publicidade, deseño de imaxe corporativa, reparacións de material ou gstos derivados de servizo a domicilio ou material de entrega, entre outros.
As bases para a solicitude publicáronse no Boletín Oficial da Provincia este 30 de setembro e as persoas interesadas deberán presentar a súa petición nun período de 30 días naturais desde a data da publicación.