O norte de Portugal estuda o modelo de xestión de residuos do Plan Revitaliza
Por Redacción
Representantes de Zero Associaçao Sistema terrestre sustentable de Portugal, unha fundación sen ánimo de lucro que asesora aos municipios portugueses en materia de residuos, vén de realizar unha visita á provincia de Pontevedra para coñecer de primeira man o Plan Revitaliza de compostaxe e ver a posibilidade de trasladalo e adaptalo aos municipios lusos, principalmente da zona de Fátima e o Norte de Lisboa.
Na xornada de traballo participaron o director da entidade, Paulo Locas, así como dúas persoas responsables técnicas do desenvolvemento de sistemas de xestión de residuos, Pedro Horta e Sara Correia. A entidade coñeceu o traballo que está a realizar a Deputación a raíz do informe realizado sobre o Revitaliza trala visita de Zero Waste á provincia de Pontevedra e considerou interesante afondar sobre os datos concretos, o tempo que leva en marcha a iniciativa, o persoal que se destina ao programa e tamén as condicións nas que se realiza o tratamento de quilómetro cero.
A visita comezou nas instalacións do Revitaliza cunha exposición teórica sobre cifras de implantación na provincia de Pontevedra, os resultados, os investimentos e as perspectivas de futuro, a distribución dos centros de compostaxe comunitaria e o reparto de composteiros individuais, o proceso da compostaxe e a cantidade de poboación atendida con este sistema.
Posteriormente fíxose un percorrido práctico.
As representantes portuguesas, que subliñaron que en Portugal apenas existen iniciativas puntuais de compostaxe, amosáronse sorprendidas polo grao de implantación e a implicación da cidadanía pontevedresa, polo que consideraron que o Revitaliza é un exemplo a seguir.
Relacionadas:
-
Técnicos de Lyon e Porto resaltan o sistema de compostaxe da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación e a Agència de Residuos de Catalunya intercambian experiencias sobre a compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
O Plan Revitaliza dará un "salto adiante" cunha nova fase centrada na parte normativa deste modelo de xestión de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As actividades do Revitaliza durante o verán achegaron a compostaxe a preto de 1.400 nenos
Por Redacción |
-
Os participantes na ludoteca de verán da Lama aprenden os segredos da compostaxe
Por Redacción |
-
Vilaboa é líder en Galicia na implantación da compostaxe
Por Redacción |