Despedida da Virxe de Fátima tras o seu paso polo Santuario das Aparicións
Por Redacción
O venres chegaba ao Santuario das Aparicións da rúa Sor Lucía e serviu durante estes días para recordar o momento da aparición en decembro de 1925 á moza que naquel momento era noviza das Irmás Doroteas.
Dende 1972, a imaxe da Virxe de Fátima que visita durante esta fin de semana Pontevedra percorre diferentes espazos relixiosos. Nesta ocasión, chegou con motivo de que o Apostalado Mundial de Fátima que xestiona o Santuario cumpre o seu 55 aniversario.
Ao longo da fin de semana foron decenas os fieis que se achegaron ata a capela. Durante a xornada deste domingo oficiouse unha misa e cantouse a Salve de despedida antes dun novo traslado.