Veciños piden dialogar con Lores e Demetrio Gómez para coñecer os novos plans do Concello para Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A asociación veciñal O Mirador de Monte Porreiro quere falar co Goberno local e coñecer polo miúdo os seus plans para o barrio unha vez que o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, anunciou esta semana que se paralizaba o proxecto de humanización. O anuncio déixaos con moitas dúbidas e queren resolvelas a través dunha reunión co propio edil e co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
O presidente da asociación, Carlos Diéguez presentou este xoves por rexistro unha petición formal de entrevista con Lores e Demetrio e explicou que lles "gustaría" que os recibiran "os dous xuntos".
Segundo explicou, non lles "quedou claro" se o Concello vai paralizar só o proxecto de peonalización ou todo o proxecto de reforma de Monte Porreiro e agora queren reunirse con eles para que lles "aclaren definitivamente que é o que vai a pasar", tanto co proxecto como co investimento previsto para o barrio "porque esperemos que os sigan investindo".
Ademais, lembran que Demetrio Gómez se comprometera a ir ao barrio a explicar o proxecto "e non o fixo", de maneira que consideran que este é o momento para que se explique. Piden, en esencia, "diálogo porque é o que nos falta".
Mentres agardan por esa reunión, seguirán en pé co calendario de mobilizacións previsto e o vindeiro sábado 2 de outubro ás seis da tarde teñen prevista unha manifestación na rúa Alemaña. O sábado seguinte a protesta será no centro de Pontevedra, diante da Casa Consistorial.
O talante será diferente ao da manifestación convocada o pasado venres, que precipitou o cambio de plans municipal. Nesta liña, asegurou que "ao mellor cambiando un pouco as tornas, agora non nos imos opoñer ao proxecto, imos pedir diálogo".
RESPOSTA MUNICIPAL
Demetrio Gómez asegurou, a preguntas dos medios de comunicación, que "por suposto" atenderán a solicitude de entrevista. De momento, non saben cando será, "haberá que comprobar axenda", pero si garanten que se reunirán, pois "atendemos todas as solicitudes de entrevista que nos chegan".
O que non puido garantir o concelleiro é que estea presente o alcalde, pois "non sempre pode estar". Lembra, ademais, que o alcalde non xestiona directamente todos os proxectos, senón que nalgúns delega nos concelleiros, que "somos los que llevamos el día a día y somos los que nos tenemos que ocupar de que lleguen a buen puerto".
Relacionadas:
-
Os veciños de Monte Porreiro piden o dobre sentido na rúa Francia para reducir o tráfico pola rúa Alemaña
Por Manu Otero |
-
A falta de entendemento entre a asociación de veciños e o Concello paraliza os investimentos en Monte Porreiro
Por Manu Otero |
-
Demetrio Gómez recibirá á Asociación O Mirador e o PP critica que non vaia o alcalde
Por Oskar Viéitez |
-
Nova protesta veciñal en Monte Porreiro para demandar diálogo e investimentos ao goberno local
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Domínguez: "No vamos a permitir que, por el cabreo del BNG, no se hagan las inversiones previstas en Monte Porreiro"
Por Anxo Lourido |
-
Os veciños consideran unha "burla máis" que se paralice a humanización de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O Concello 'aparca' o proxecto de humanización de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Centos de veciños de Monte Porreiro empezan a batalla contra unha peonalización que "de ningún xeito imos consentir"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Lores indica aos veciños de Monte Porreiro que "estamos abertos a negociar absolutamente todo"
Por Oskar Viéitez |