
© Partido Popular de Pontevedra
Rafa Domínguez alberga a "esperanza" de que Ence poida adscribirse ao Porto de Marín para continuar a súa actividade

Por Anxo Lourido
"Entendemos que es la única solución viable", con esta frase Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular, afirma que a opción proposta polos representantes sindicais dos comités de empresa de Ence ante a Xunta de Galicia durante a reunión mantida este luns en Santiago preséntase como a "esperanza" para as "cincocentas familias" pontevedresas que, segundo o PP, temen o peche da fábrica pasteira situada en Lourizán.
A proposta céntrase en adscribir os terreos que actualmente ocupa a factoría aos dominios da Autoridade Portuaria de Marín. O conselleiro de Economía e vicepresidente segundo do executivo galego comprometeuse a trasladar un informe recollendo esta posibilidade ao Consello Consultivo de Galicia para que estude a viabilidade legal desta solución.
"Sería un paso muy importante para que se pueda salvar el empleo de tantas familias", apuntaba este martes Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Pablo Fernández. "Si esto puede ser una solución, espero que Lores piense más en esas quinientas familias y no en sus propios intereses políticos", expuxo o representante popular, que tamén fixo un chamamento ao goberno socialista do Estado para que apoie esta opción.
Domínguez explicou que o PP de Pontevedra sempre defenderá a posición dos traballadores e buscarán solucións político-xurídicas para que sigan desenvolvendo a súa actividade en Pontevedra. Neste sentido, manifestou que "me para todos los días gente que trabaja en Ence o que son familiares y me dicen: por favor, ayúdanos. Gente que no conozco y que tiene el atrevimiento de acercarse a mí para decirme: tenemos un problema, Rafa, por favor, ayúdanos. Eso, todos los días", alegou ao considerar que a perda deses postos de traballo sería un "desastre" para Pontevedra.
REBAIXAR A TENSIÓN
O portavoz municipal do PP tamén fixo un chamamento público a que se rebaixe a tensión en relación co conflito de Ence. Sinalou que non xustifica as manifestacións que non sexan pacíficas pero tamén esixiu ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que respecte ás familias que se poden quedar sen traballo.
Argumentou que as declaracións do rexedor pontevedrés son "despectivas" cara aos traballadores, realizadas desde o "rancor" e con "prepotencia" e "desprezo". Fixo referencia tamén ao termo "Enceborroka" que utilizan representantes do goberno local cara ás protestas dos traballadores da factoría e sinalou que ese tipo de expresións non axudan a rebaixar a tensión. Domínguez lembroulle a Lores que "es el alcalde también de esas familias" e fixo unha petición para que se leve a situación a un escenario pacífico.
Relacionadas:
-
ENCE considera "unha boa noticia" o apoio da Autoridade Portuaria á adscrición dos terreos que ocupa a fábrica
Por Redacción |
-
A APDR traslada a súa preocupación ao Consello Consultivo ante os "intentos do Goberno galego por favorecer a Ence"
Por Redacción |
-
O PSOE reclama á Xunta no Parlamento unha alternativa "real" para Ence
Por Redacción |
-
Conde acusa a Concello e Goberno central de non asumir responsabilidades na busca de solucións para Ence
Por Redacción |
-
ENCE provisiona 196 millóns polo impacto dun eventual peche da fábrica de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O comité de empresa de fábrica de Ence teme que a Xunta pretenda "deixar correr o tempo enredándonos en consultas legais"
Por Redacción |
-
Mosquera descarta a adscrición de Ence ao Porto de Marín porque tamén ocuparía terreos de dominio público
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
A Xunta e os traballadores apostan por adherir a fábrica de ENCE ao Porto para garantir a súa continuidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Alfonso Rueda, reelixido presidente provincial do PP con mensaxe cara ENCE: "Imos ser aliados dos postos de traballo"
Por Diego Espiño |
-
Comisións Obreiras confía en que o Supremo autorice a continuidade de Ence en Lourizán
Por Manu Otero | Creada e actualizada