Marín asumirá con fondos propios a quinta parte do custo total do futuro auditorio
Por Redacción
Ata uns 881.000 euros ascenderá o investimento que, a través de fondos propios municipais, achegará o Concello de Marín para financiar o custo total do futuro auditorio, para o que se destinarán 4,3 millóns de euros, segundo consta no proxecto.
O resto do financiamento sairá dos fondos europeos EDUSI con algo máis de 1,4 millóns e da Xunta de Galicia, que comprometeu os dous millóns restantes.
O custe do auditorio, recoñeceu o edil de Facenda, Manuel Santos, será "algo superior" á inicialmente prevista, xa que se introduciron melloras no proxecto e porque se incluirá tamén, coa súa construción, unha urbanización que afectará á zona limítrofe da infraestrutura.
O resto da zona da Praza de España será tamén reordenada, pero con outro proxecto diferente, por iso non entra dentro desta partida orzamentaria.
Para financiar a parte municipal, o Concello solicitará un préstamo que vén de ser avalado por unanimidade da corporación no pleno celebrado este luns.
Na próxima sesión plenaria, prevista para o 14 de outubro, aprobaranse o proxecto e os pregos, para poder continuar avanzando no traxecto burocrático cara a licitación das obras.
Relacionadas:
-
Aprobada por unanimidade a construción do novo auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Unhas piscinas naturais de auga salgada, próximo paso para unir Marín co mar
Por Alejandro Espiño |
-
Aprobado definitivamente o estudo de detalle do proxecto do Auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Asinado o convenio polo que Marín e a Xunta cofinancian os 4 millóns de euros do novo auditorio
Por Redacción |
-
O Paseo Alcalde Blanco comeza mostrar a súa nova imaxe, cun miradoiro á ría en pleno centro urbano
Por Redacción |