Retiran 80 quilos de lixo do tramo urbano do Gafos nunha nova xornada de limpeza simultánea de ríos
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un total de 22 voluntarios sumáronse este domingo en Pontevedra á XIV Limpeza Simultánea de Ríos organizada en preto de medio centenar de municipios de toda Galicia.
A xornada, convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) en toda Galicia, estivo coordinada en Pontevedra por Vaipolorío e a Fundación Xoán XXIII.
Baixo o lema 'Móllate polos Ríos', realizaron unha limpeza no tramo urbano do río Gafos na que retiraron 80 quilos de lixo.
A actividade tamén se desenvolveu no río Umia, coordinada polo Colectivo Ecoloxista do Salnés. Participaron un total de 16 persoas, que percorreron as dúas beiras do Umia dende a ponte dos Padriños ata as inmediacións da Ponte nova de Santa Marta, divididos en pequenos grupos de convivencia.
Durante o percorrido, recolleron 240 litros de de envases (plásticos e latas de refrescos); 150 litros de papel e cartón, restos orgánicos e restos non reciclables; e cinco litros de vidro.
Ademais, recolléronse voluminosos e tóxicos. En concreto, un pneumático, catro pequenos anacos de uralita e cinco pezas de ladrillos e cerámica. Tamén se detectou un punto de vertido de restos de poda duns tres metros cúbicos procedentes probablemente do xardín da casa veciña.
Relacionadas:
-
Vaipolorío recupera a lenda do demo asubiador para felicitar as festas
Por Redacción |
-
Unha ducia de voluntarios limpa a presa do Muíño de Cabanas
Por Redacción |
-
Pontevedra súmase á XIV Limpeza Simultánea de Ríos organizada en municipios de toda Galicia
Por Redacción |
-
Retiran 220 quilos de lixo do río Gafos nunha nova xornada de limpeza de Vaipolorío
Por Redacción |