Cuntis reclama que a Xunta se faga cargo do arranxo da Rúa do Convento
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e os concelleiros Conchy Campos, Ana Loureiro e José Treviño reuníronse este xoves coa veciñanza da Rúa do Convento para tratar as demandas de mellora da estrada, que depende da Xunta de Galicia.
No ano 2017, o órgano autonómico "adquirira o compromiso de estudar e efectuar esta actuación sempre que o Concello asumira a renovación dos servizos, que xa está executada", explicaron dende o goberno local, á vez que recordaron que a titularidade das beirarrúas é autonómica, "polo tanto é a Xunta de Galicia a que ten o compromiso de arranxalas".
Por ese motivo, o Concello pide a firma dun convenio "ao igual que se ten feito noutras ocasións nas que a administración autonómica se comprometa formalmente a facerse cargo da maior parte do investimento necesario para poder facer fronte a este problema".
Ademais, Manuel Campos comprometeuse a que, "no caso de que non haxa resposta a finais de ano por parte da administración autonómica, o Concello de Cuntis redactará o proxecto de mellora da rúa".
Relacionadas:
-
O Concello de Cuntis asume as obras de mellora na autonómica Rúa do Convento ante o seu mal estado
Por Redacción |
-
Os festivos locais, a reforma da Rúa do Convento e o ANPA O Baño, temas a tratar no pleno municipal de Cuntis
Por Redacción |
-
O centro de formación da Ran acolle dous cursos para mellorar a inserción laboral
Por Redacción |
-
40.000 euros para humanizar o Camiño do Convento en Cuntis
Por Redacción |