Leroy Merlin, Decathlon e Eroski estarán no novo polígono do Vao
Por Alejandro Espiño
Tras unha tramitación administrativa que parecía interminable, cada vez está máis preto o momento no que será realidade a ampliación do polígono comercial do Vao.
Varias firmas comerciais presentaron xa ante o Concello de Pontevedra a correspondente licenza de actividade para poder asentarse no novo polígono.
Entre elas, segundo revelou o edil de Urbanismo, Xaquín Moreda, atópanse Leroy Merlin, a multinacional de produtos de bricolaxe, decoración e construción; a empresa Decathlon, especializada en material deportivo; ou a firma de alimentación Eroski.
Ademais, tamén confirmaron a súa presenza no Vao a compañía danesa JYSK, centrada na venda de mobles e enxoval de fogar; Norauto, dedicada á automoción; e Tiendanimal, unha cadea de produtos para mascotas.
Todas estas empresas, salvo o concesionario, compartirán unha gran nave comercial que se construirá na parte principal do polígono, mentres que o primeiro ocupará unha nave e menor tamaño, adecuada á súa actividade.
Moreda explicou que a inmobiliaria Ponteno, responsable deste polígono, xa poden urbanizar todo este espazo.
A súa intención é executar a urbanización do polígono e a construción das naves de maneira simultánea, para poder recortar prazos e abrilo ao público canto antes.