Poio esixe unha "solución inmediata" á falla de prazas no transporte escolar
Por Oskar Viéitez
Nos últimos días varios alumnos do Instituto de Educación Secundaria de Poio non puideron acceder ao autobús a pesar de ter formalizada a súa solicitude para o transporte deste curso 2020-2021.
Esta situación xa foi posta en coñecemento da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e da propia empresa Monbus, concesionaria deste servizo.
A concelleira de Educación do Concello de Poio, Raquel Rodríguez, destacou que estas incidencias están a causar moita preocupación entre as familias.
Este martes, axentes da Policía Local compareceron na parada de bus para elaborar un informe sobre a situación que será remitido á consellería.
Pola súa banda Raquel Rodríguez esixiu unha "resposta urxente" a este problema provocado "por unha clara desorganización entre a Xunta e a empresa Monbus".
"Ademais esiximos que se cumpran os protocolos covid-19 deseñados pola propia Xunta de Galicia no que transporte se refire", engadiu a concelleira nacionalista.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio culpa á Xunta da "desorganización" das liñas de transporte
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio solicita a Monbus a recuperación da liña no colexio Isidora Riestra
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio traslada á Xunta as irregularidades detectadas no servizo de transporte escolar
Por Oskar Viéitez |