Un neno resulta ferido ao caerlle enriba un portal en Bértola
Por Redacción
Un neno resultou ferido e tivo que ser evacuado en helicóptero a un centro hospitalario tras sufrir un accidente no que caeu encima un portal.
Os feitos ocorreron sobre as 17.30 horas deste martes na parroquia de Bértola, en Vilaboa.
Unha vez que os servizos médicos tiveron coñecemento do ocorrido, trasladouse ao lugar un helicóptero medicalizado para atendelo caoa maior brevidade.
Os servizos sanitarios foron os que lle deron o aviso ao 112 Galicia e desde o servizo de emerxencias deuse aviso á Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Vilaboa e Soutomaior.
Os voluntarios de Protección Civil colaboraron coas forzas da orde para que as manobras de aterraxe e despegamento da aeronave puidesen ser concluídas con seguridade.