A Boa Vila acolle un grupo de galegos do exterior na súa peregrinación a Santiago
Por Redacción
Pontevedra recibiu este martes a preto dun centenar de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa que están a realizar, dende o pasado domingo, o Camiño Portugués.
Estes galegos do exterior participan no programa "Conecta co Xacobeo" e chegaron hoxe na súa terceira etapa ata Caldas de Reis.
Dentro deste mesmo programa hai outro grupo que está a facer a Vía da Prata e que este martes completou a etapa de Dozón a Bendoiro, en Lalín.
Pola tarde o primeiro grupo coñeceu a vila de Cambados e o outro o Mosteiro de Oseira e Forno de Cea.
"Conecta co Xacobeo", que organiza a Secretaría Xeral da Emigración, é a primeira iniciativa deste tipo posta en marcha dende a pandemia e o seu obxectivo é dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados, que sufriron limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.
Relacionadas:
-
'Écociña no Camiño', campaña da Xunta para impulsar a cociña autóctona e sostible entre peregrinos e turistas
Por Redacción |
-
Regresan as Ponteandadas tras o parón da pandemia
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
O PSdeG esixe unha solución aos "numerosos" defectos da senda peonil de Alba
Por Redacción |
-
O Camiño de Santiago segue recuperando peregrinos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |