Falece no Complexo Hospitalario un home de 82 anos positivo en covid
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde notificou a última hora deste sábado catro novos falecementos en Galicia de pacientes con positivo activo por covid.
Un deles tivo lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Trátase concretamente dun home de 82 anos, que se converte desta forma o falecemento 203 na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desde o inicio da pandemia.
Ademais o Sergas informou de tres mortes máis no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, dúas mulleres de 60 e 62 anos e un home de 57 anos.
Todos eles contaban con patoloxías previas.
Relacionadas:
-
Os casos activos de covid seguen en descenso na área sanitaria con 130, nove menos
Por Diego Espiño |
-
Estabilidade nos datos da pandemia, con 139 casos activos e 8 hospitalizados na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Os niveis da pandemia retroceden aos do mes de xuño, con 140 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
O Sergas notifica un único contaxio por covid na área sanitaria en 24 horas
Por Diego Espiño |
-
A UCI de Montecelo, cun único paciente positivo en covid
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria reduce a 177 os seus casos activos por covid-19 e mantén a sete hospitalizados
Por Alejandro Espiño |