Peche ao tráfico este domingo na rúa Echegaray
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra elaborou un plan de tráfico no ámbito da rúa Echegaray, que pechará ao tráfico durante boa parte deste domingo, 19 de setembro.
O motivo da restrición de circulación é unha obra que se está realizando nesta rúa.
Segundo informa a Policía Local, o horario de peche ao tráfico será desde as 8.00 horas da mañá ata as 17.00 horas da tarde.
Durante ese intervalo de tempo só se poderá acceder por servizos e para entrar ou saír dos garaxes, estando o tráfico regulado por operarios. Ademais reducirase parcialmente o estacionamento de vehículos.