O PSOE anuncia a lista de delegados por Pontevedra no seu próximo Congreso Federal
Por Mónica Patxot & Redacción
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabeza a delegación que a provincia de Pontevedra envía ao Congreso Federal do PSOE, que se celebrará en Valencia entre os días 15 e 17 de outubro próximos. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, pecha unha delegación que é froito do acordo entre toda a militancia e dun proceso de diálogo aberto e participativo propiciado dende a Dirección provincial, sinalan fontes socialistas.
O resto dos integrantes serán a presidenta da Deputación, Carmela Silva Rego; o secretario xeral provincial, David Regades Fernández; a subdelegada do Goberno, Maica Larriba García; o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas Gómez; o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira González; a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez Barral; o alcalde da Cañiza e secretario provincial de Organización, Luis Gómez Piña; a alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel Guisande; o tenente de alcalde de Pontevedra, Tino Fernández González; a deputada autonómica Paloma Castro Rey; o tenente de alcalde de Mondariz, José Luis Fernández Piñeiro; a alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón Domínguez; a secretaria nacional de Igualdade do PSdeG, Icía García Fernández; a vicesecretaria provincial, Paula Fernández Pena; o vicesecretario provincial de Acción Electoral, Manel Vázquez Vázquez; a deputada Leticia Gallego Sanromán; o concelleiro vigués Ángel Rivas González; a tenente de alcalde de Poio, Chelo Besada Lores; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado; a vocal do Comité Provincial e voceira municipal no Concello de Forcarei, Ana Doval Fraiz; e o secretario de Política Municipal da Executiva provincial, José Valcárcel Riveiro.
O secretario xeral provincial David Regades expresou o seu agradecemento e o de toda a Dirección provincial pola colaboración de todas agrupacións locais da provincia "que deron as máximas facilidades sabendo que é unha lista moi reducida e na que, por méritos propios, poderían estar todos e cada un das e dos case 3.000 militantes da nosa provincia, a provincia máis socialista de Galicia".
Regades engadía que o resultado é unha representación paritaria, moi municipalista e con representación de todas as comarcas. "Na nosa provincia hai só unha familia: a socialista e esta lista é un reflexo moi claro delo", finalizaba.