Rueda presenta un “equipo renovado e municipalista” para dirixir o PP de Pontevedra os próximos anos
Por Redacción & Mónica Patxot
O candidato a presidir o PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, presentou esta tarde ante o Comité Organizador do Congreso o equipo de persoas que van formar parte da candidatura coa que se presenta ao congreso provincial que se celebra o sábado na cidade. “Un equipo renovado e cun perfil claramente municipalista”, destaca, ao sinalar que está composto na súa maioría por alcaldes, concelleiros e deputados provinciais.
"Son os que máis coñecen a provincia, os que están a pé de rúa constantemente. Son políticos que combinan xuventude con experiencia de xestión pública e que contan co aval das urnas”, engadiu.
Para conformar o equipo, Rueda tivo en conta incorporar a alcaldes novos, sen esquecerse dos que levan tempo xa gañando eleccións, así como que a provincia estivese ben representada, non só por criterios territoriais senón tamén no que se refire á súa diversidade. “Son mulleres e homes que representan a toda a provincia e plenamente comprometidos para traballar arreo”, subliñou.
“Un equipo renovado, con experiencia e ilusión, para consolidar o que mellor se nos dá aos políticos do PP, a política de ti a ti, a política pegada ao veciño”. A nova executiva supón unha renovación de case o 70 % con respecto á de hai cinco anos. .
Así, xunto á vicepresidenta e ao secretario xeral, postos que xa anunciou que recaerán en Nidia Arévalo e Luis López, e aos oito vicesecretarios que tamén formarán parte do comité de dirección, a executiva provincial contará con coordinadores comarcais, que servirán de enlace entre a dirección e cada comarca, e con 23 vogais, que se suman aos membros natos do comité executivo.
Os coordinadores comarcais serán Roberto Álvarez Carrero (Baixo Miño), Fernando Pérez Domínguez (Caldas-Umia), Marta Valcárcel Gómez (Condado), Román Rodríguez González (Deza), Julio García-Luego Pérez (Paradanta), Alberto Acuña Crespo (Pontevedra), Javier Tourís Romero (Salnés), Ana Simóns Sánchez (Val Miñor), Valentín García Gómez (Tabeirós-Terra de Montes), Julio García Comesaña (Vigo) y Elena Estévez Freire (Morrazo).
Relacionadas:
-
Rueda marca as pautas para que o PP provincial tome as "decisións acertadas"
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda, reelixido presidente provincial do PP con mensaxe cara ENCE: "Imos ser aliados dos postos de traballo"
Por Diego Espiño |
-
O PP renova o 73% do comité de dirección provincial, cun peso importante dos alcaldes
Por Redacción |