Activan as actividades para escolares que organiza o Laboratorio da Infancia
Por Redacción
Obradoiros centrados en educación e concienciación medioambiental, prácticas deportivas, sustentabilidade, economía circular e vida saudable. Son as actividades que o Laboratorio da Infancia de Pontevedra ofertará aos centros escolares neste curso 2021-2022.
De primeiro a sexto de Primaria propóñense un tramo do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra, a visita ao Parque Etnográfico das Cabanas Prehistóricas de Outeiro das Mouras (Salcedo), a escalada no Pavillón da Xunqueira, a Ruta dos Segredos de Ponte Sampaio, unha ruta polos Muíños do Batán e observación de aves nas marismas de Alba.
Ademais, para o treito de primeiro a terceiro de Primaria deseñouse un viaxe no tempo pola ruta de Gatomorto, en Santa María de Xeve; e para o de cuarto a sexto de Primaria, kaiak no Pontillón do Castro, xeocaching na Fracha e unha ruta guiada pola senda do río Lérez.
Cada centro poderá elixir un máximo de cinco actividades.
A empresa que xestiona este Laboratorio da Infancia, Marexada, porase nos vindeiros días en contacto cos centros escolares de Pontevedra para ofertarlles as actividades deste proxecto, impulsado pola Concellería de Educación.
Relacionadas:
-
O Laboratorio da Infancia programa actividades saudables para escolares
Por Redacción |
-
A escalada deportiva, un 'Laboratorio da Infancia" para os escolares pontevedreses
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello prepara o novo curso cos centros educativos e anuncia que volverá asumir tarefas de desinfección
Por Redacción |
-
Dúas empresas da cidade xestionarán o Laboratorio da Infancia de Pontevedra
Por Redacción |
-
O proxecto do Laboratorio da Infancia esperta o interese de empresas de Pontevedra e foráneas
Por Redacción |
-
Pontevedra impulsa un Laboratorio da Infancia para promover unha vida saudable
Por Alejandro Espiño |