O curso escolar tamén comeza na biblioteca municipal de Caldas
Por Redacción
O novo curso escolar 2020-2021 tamén comezou xa na biblioteca pública municipal de Caldas e vaise adaptar á necesidades do alumnado do municipio para que poidan ter nas súas instalacións os libros de lectura que precisen para as súas clases.
Como sucede cada inicio de ano académico, desde la institución contactaron cos centros educativos do municipio para poder incorporar aos seus fondos aquelas lecturas que son obrigadas ou complementarias para o alumnado.
A concelleira de Cultura, María López, destacou que se trata dun servizo "moi agradecido polas familias" polo aforro que supón e tamén supón un xeito de seguir coa liña de comunicación que desde sempre se mantén coas familias, colexios e o instituto.
Ademais, a partir deste mércores 15 de xuño, a biblioteca retoma o seu horario de inverno. Estará aberta de luns a venres de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.30 a 13.00.
A biblioteca apurou os últimos días sen clases co ciclo de actividades 'A biblioteca no xardín', do programa Ler Conta Moito, que na quenda de setembro tivo tanto éxito coma a de xullo.
En total, acudiron 160 persoas entre nenos e adultos. Dúas sesións fixéronse no xardín e dúas no auditorio por mal tempo. Nas do exterior, houbo máis xa que algúns veciños e turistas decidiron parar o seu paseo e gozar dos espectáculos.
Nesta ocasión houbo maxia, contos e música da man de O Mago Paco, Pablísimo, Expresión Produccións e Bandullo Azul.
Relacionadas:
-
O Concello prepara o novo curso cos centros educativos e anuncia que volverá asumir tarefas de desinfección
Por Redacción |
-
'Biblioteca no Xardín' anuncia as súas actividades de lecer infantil en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A Biblioteca de Caldas volve ao xardín cun variado programa de actividades
Por Redacción |