O Náutico de Sanxenxo recibe a visita da Infanta Elena
Por Oskar Viéitez
Este mércores, día 15 de setembro, o Real Club Náutico de Sanxenxo recibiu a visita da Infanta Elena.
A primoxénita dos reis eméritos acudiu á segunda xornada de regatas do Xacobeo 6mR Europeans.
Á súa chegada ao club, acompañada do presidente Pedro Campos, Elena de Borbón dirixiuse cara á zona dos pantaláns nos que está amarrada a frota para saudar e desexar sorte ás tripulacións que se atopan disputando o título continental na ría de Pontevedra.
Co inicio das probas do día programado para as 12:00 horas, embarcouse a bordo dunha de pneumáticas do Clube para saír ver a regata.
Relacionadas:
-
O "Juancamaría 3" faise coa vitoria na regata inversa da Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Sanxenxo consolídase como base mundial da frota de 6 Metros
Por Redacción |
-
Volverá o rei emérito a Sanxenxo?
Por Redacción |
-
A ría de Pontevedra goza coas primeiras regatas do Europeo 6 mR de vela
Por Redacción |
-
Sanxenxo dá a benvida ao Europeo 6M de vela
Por Redacción |