Faise pasar polo seu irmán ante a Garda Civil cando conducía bébedo e para ocultar que carecía de carné
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil investiga a un veciño de Sanxenxo, de 37 anos, que se identificou cos datos correspondentes a un irmán seu tras darlle o alto a Garda Civil nun punto de verificación de alcol/drogas e dar positivo en alcoholemia.
Os feitos tiveron lugar o pasado 8 de agosto, nun control establecido por unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, na estrada EP-9206 (Portonovo-A Vichona).
Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, os axentes deron o alto ao condutor dun turismo, o cal presentaba unha taxa de alcoholemia positiva, polo que lle requiriron a documentación ao obxecto de confeccionar denuncia administrativa.
Os garda civís comprobaron que os datos facilitados polo devandito condutor non se correspondían coa persoa identificada, senón que eran dun irmán seu, así como que tampouco está habilitado para a condución de turismos.
Tráfico investiga a este individuo polos delitos de falsidade documental e de usurpación de estado civil, sendo entregadas as dilixencias no Xulgado de Garda de Cambados.
Relacionadas:
-
Un veciño de Poio dáse á fuga dun control rutineiro de alcol e drogas: "No me hagas las pruebas, si me las hacéis me jodéis la vida"
Por Redacción |
-
Ciberdelincuencia, violencia de xénero e trapicheo, retos por diante dos novos comisarios de Vilagarcía e Marín
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dúas persoas resultan feridas ao colidir o vehículo no que circulaban contra un portal
Por Redacción |
-
Rescatan un windsurfista en apuros no Grove
Por Redacción |
-
Deteñen na peaxe da AP-9 en Vilaboa un veciño de Cambados con 485 gramos de cocaína
Por Redacción |