Ferido o piloto dun patinete eléctrico que caeu cando conducía ebrio
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Pontevedra informou dun accidente ocorrido na rúa Sarmiento sobre as 23:00 horas deste martes, no que o condutor dun patinete eléctrico perdeu o control do vehículo e caeu ao chan golpeando a cabeza. Afortunadamente levaba o casco.
Foi trasladado ao Hospital Montecelo xa que se queixaba tamén de dor nun brazo.
No lugar recibiu a primeira asistencia de dúas persoas, militares da Brilat, que se atopaban nas proximidades e viron o accidente.
O condutor ía ebrio e cuadriplicaba a taxa de alcoholemia, cun resultado de 1,09 mg/l.
O condutor foi denunciado administrativamente cunha proposta de sanción de mil euros. O patinete estivo inmobilizado.