Adiado ao 16 de setembro os obradoiros de iniciación ao 'breaking'
Por Redacción
As malas condicións meteorolóxicas previstas para este martes obrigaron á Concellería de Deportes a adiar ao xoves 16 de setembro o inicio dos talleres de Iniciación ao Breaking do proxecto A Vida é Movernos.
A xornada inaugural inicialmente prevista para este martes trasladarase ao vindeiro martes 21 de setembro, no mesmo horario (de 19:00 a 21:00 horas) e lugar (a avenida de Montero Ríos).
Os obradoiros serán impartidos polo club deportivo Da Rúa e que servirán para a volta á actividade do programa municipal A Vida é Movernos promovido pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde.
"Para participar nestas aulas de Iniciación ao Breaking, destinadas a un máximo de 12 persoas, será preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono 619 74 80 28 en horario de mañá", explicou o edil de Deportes, Tino Fernández, sobre uns cursos que se desenvolverán entre as 19.00 e as 21.00 horas.
"Deportes como o breaking, o skate ou o parkour están xa perfectamente consolidados e en auxe na nosa sociedade como actividades físicodeportivas, polo que as institucións temos o deber de actualizarnos e apoiar a súa difusión e posta en valor", defendeu Fernández sobre unha modalidade que estará presente no programa olímpico de París 2024.
As sesións incluirán uns 15 ou 20 minutos de quecemento, unha introdución á historia xeral do break e a cultura urbana, unha explicación de conceptos corporais e partes básicas do breaking e no caso de darse a oportunidade, unha mini coreografía grupal. Todo eles sobre unha superficie de tarima para evitar rozamentos ou queimaduras,
Alberto Pérez, membro do club pontevedrés, explicou á súa vez na presentación desta actividade que será aberta a todo o mundo, independentemente da súa idade. "Aquí pode bailar calquera, non son necesarios coñecementos previos de ningún tipo, comézase de cero", asegurou.
Relacionadas:
-
RADIO.- O breaking galego mira expectante á creación da Federación Galega de Baile Deportivo
Por Marisa Ciordia |
-
A vida é movernos centra a súa programación na saúde emocional cun taller de bodyfulness
Por Redacción |
-
O programa municipal A Vida é Movernos retoma a súa actividade con obradoiros de iniciación ao 'breaking'
Por Redacción |