Morre un mozo en Vilanova atrapado debaixo do coche que estaba a arranxar
Por Redacción
Un home, de 26 anos, faleceu este domingo tras quedar atrapado debaixo do turismo que estaba a reparar na parte posterior da súa casa.
O suceso tivo lugar ao redor das nove da noite en Fonsín, na parroquia de Baión, no concello de Vilanova de Arousa,
Cando os bombeiros do parque de Vilagarcía acudiron ao lugar do suceso o home xa fora liberado entre familiares e veciños que moveron o vehículo coas súas mans.
Técnicos sanitarios do 061 tentaron reanimar ao ferido sen éxito.
Tamén foron mobilizados os bombeiros do Salnés, a Policía Local de Vilanova e a Garda Civil.