Incendio no roupeiro de Cáritas en Ribadumia
Por Redacción
Un incendio no baixo dunha casa en Ribadumia, empregada por Cáritas como roupeiro, deixa danos materiais no seu interior.
As lapas consumiron roupa e dous aparellos usados para deshumidificar o aire sen causar danos persoais.
Segundo informa o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar preto das 13:30 horas na Rúa As Lagoas, na parroquia de Barrantes, ao carón da igrexa.
Foi un dos voluntarios de Cáritas o que avisou aos Bombeiros do Salnés que chamaron ao 112 Galicia para informar da súa saída para atallar as lapas que consumían este baixo dedicado á almacenaxe de roupa.
Co fin de prestar apoio ao equipo de extinción e aclarar as circunstancias do suceso, os xestores do 112 pasaron aviso aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
O incendio orixinouse polo fallo dun dos deshumificadores.