O audiovisual da campaña turística 2020 da Deputación logra dous novos premios internacionais
Por Oskar Viéitez
O audiovisual da promoción turística 2020 da Deputación de Pontevedra, "Sigue o teu instinto", sigue a estela do seu antecesor "Fame de Experiencias" que logrou en 2019 ata 14 premios internacionais. O vídeo, producido por Esmerarte e protagonizado pola actriz Celia Freijeiro, vén de obter dous novos galardóns, e xa van 6 no seu percorrido por los principais festivais turísticos do mundo.
"Sigue o teu instinto" ven de recibir no Silafest de Serbia o 1º Premio en Produto Turístico na categoría Blue Danube, un festival de turismo no que tamén foron galardoados filmes de Italia, Austria, Reino Unido, Lituania, Xapón, Sudáfrica, Lituania, Portugal, Grecia ou Eslovenia entre outros países.
O audiovisual da Deputación tamén conseguiu o Premio "Ouro en Produtos Turísticos / Destino Rural" no Terres Festival de Tortosa, certame que busca amosar producións que incentiven a maxia da viaxe, especialmente o descubrimento de contornas naturais, e que promovan o desenvolvemento sostible. No Terres Festival competía con outros 74 audiovisuais doutros lugares de España e do mundo como Irán, Croacia, Italia, Grecia, Estados Unidos, Eslovenia, Sudáfrica, Polonia ou Portugal.
A presidenta provincial, Carmela Silva, destacou este venres estes novos galardóns acadados competindo "cos destinos máis potentes do mundo" e subliñou a dobre vertente que supoñen, tanto polo recoñecemento á calidade dos vídeos presentados pola institución como pola difusión do destino da provincia que supoñen a nivel internacional.
Con estes dous novos premios en Serbia e Tarragona son xa seis galardóns acadados polo audiovisual da Deputación este ano: "The Golden City Gate" de Berlín, como un dos mellores audiovisuais de ecoturismo do mundo; o Ouro no Festival ITTF África (Cape Town); o mellor vídeo de promoción de produto turístico no Fitur Travel Video Competition de Madrid e o Ouro no Tourism Film Festival de Turquía, na categoría de produto turístico.
Relacionadas:
-
As Rías Baixas reciben por segundo ano consecutivo un 'Oscar do turismo'
Por Alejandro Espiño |
-
O vídeo promocional 'Sigue o teu instinto' xa suma unha decena de premios internacionais
Por Redacción |
-
O vídeo promocional das Rías Baixas "Segue o teu instinto" conquista o seu primeiro premio internacional
Por Redacción |
-
A Deputación prepara unha campaña de promoción turística pensada no outono
Por Oskar Viéitez |
-
Os soportes dixitais posiciónanse como os mellores aliados para a campaña turística 'Segue ou teu instinto' da Deputación
Por Redacción |