Carmela Silva asegura que a Xunta aumentará o recibo da auga ata o 180% nos fogares e o 130% nas empresas

Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva asegurou que o recibo da auga, con dous novos canons por parte da Xunta, "aumentará ata o 180% nos fogares e o 130% nas empresas".
En rolda de prensa Carmela Silva confirmou que este venres a Deputación de Pontevedra vai remitir as súas alegacións ao anteproxecto de lei do ciclo integral da auga que pretende impoñer a Xunta de Galicia.
Un novo modelo que o Goberno provincial valora como "inxusto e unilateral" e que "atenta contra a autonomía local e contra a cidadanía" polo que pide a retirada deste anteproxecto por ser "un ataque ao mundo local" porque "nos obriga a asumir máis competencias impropias cos mesmos recursos e a financiar obras fóra das nosas competencias".
Carmela Silva afirmou que "a Xunta recorta os recursos ao ciclo da auga e fai que as entidades locais e a cidadanía o asuman".
"É un verdadeiro escándalo este anteproxecto", dixo Carmela Silva que alertou que a cidadanía verá incrementado o recibo da auga polos novos canons e advertiu de que "o anteproxecto non contempla tarifas sociais para as persoas vulnerables".
No caso dos concellos, indicou que terán que asumir novas cargas administrativas, custos e sancións, adhíranse ou non voluntariamente á firma dos convenios con "un novo canon cunha tarifa que duplica a actual".
Carmela Silva lamentou que "en lugar de axudar aos concellos a loitar contra as fugas de auga, a Xunta penalízaas".
No caso das deputacións "dinamita a súa suficiencia financeira" e supoñería ter que recortar noutras prestacións. "A Xunta quere tutelar a nosa capacidade de decisión ao impoñernos a xestión dos recursos" co que "as deputacións non imos poder participar na planificación, só imos pagar" e como consecuencia "se isto ocorre teremos que recortar noutros servizos", dixo a presidenta da Deputación.
A mandataria provincial ha lembrado que a Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos xa financia máis de 284 obras con 23 millóns de euros, pero "o anteproxecto obriga a un modelo de financiamento sen límites" e destacou que "a 11 concellos da provincia, se non se adhiren, a Xunta deixará de darlles o servizo".
Relacionadas:
-
O ciclo integral da auga da Xunta impide o apoio unánime ao Plan Concellos no pleno provincial
Por Redacción |
-
A Deputación volve esixir a "retirada inmediata" da futura Lei do Ciclo da Auga
Por Redacción |
-
Carmela Silva denuncia que a conselleira de Infraestruturas "está a ameazar e chantaxear" a quen se opón á lei do ciclo da auga
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta afirma que a ley de xestión do ciclo da auga non vai crear novos impostos senon reordenar os xa existentes
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación está disposta a levar aos tribunais o modelo de xestión da auga da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva: "o PP provincial está preparando o atraco que pretende facernos Feijóo ao mundo local"
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Carmela Silva: "Estamos fartas de anuncios da Xunta de Galicia nos que a Xunta invita e o mundo local paga"
Por Anxo Lourido |