Marín nomeará a Blanco Freijeiro fillo predilecto
Por Redacción
Antonio Blanco Freijeiro pon o nome de Marín no máis alto do mundo do estudo da historia e a arqueoloxía. A súa figura supón un gran orgullo para os marinenses e grazas ao seu legado a día de hoxe pódense celebrar unhas xornadas, as Blanco Freijeiro, que reúnen a estudosos e interesados nestas materias ano a ano.
A comezos de ano, o Club de Opinión Portocelo, rexistrou unha proposta no Concello para nomear ao historiador como fillo predilecto do municipio. Esta proposta foi arroupada polas firmas doutros colectivos socioculturais como o Ateneo Santa Cecilia, a Asociación Cultural Ronsel de Seixo, Queremos Galego, a Asociación de antigos alumnos do Instituto Laboral de Marín, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, a Asociación Almuíña e a Asociación Evanxélica Kalos.
Tal e como expuxo a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, na súa intervención no Pleno, existen varios requisitos que se deben cumprir para iniciar a tramitación deste expediente. Como é lóxico, é preciso que a persoa proposta sexa natural de Marín e deberase realizar un compendio de información e de recompilación dos datos e antecedentes que ten o Concello da figura proposta.
Despois, terá que ser un xuíz quen formule a proposta de nomeamento, que pasará a estar exposta públicamente na casa consistorial durante quince días. Finalmente, elevarase a proposta de novo ao Pleno para poder sacala adiante, para o que é preciso o voto favorable das dúas terceiras partes da Corporación ou a unanimidade.
A concelleira quixo destacar “o importante labor que levou a cabo Blanco Freijeiro durante a súa época vital e o enorme legado que aínda hoxe mantén viva a paixón entre moitos polas artes e as ciencias sociais”.
Relacionadas:
-
Antonio Blanco Freijeiro xa é fillo predilecto de Marín
Por Redacción |
-
As Xornadas Blanco Freijeiro máis especiais serán do 22 ao 28 de novembro
Por Redacción |
-
O pleno de Marín aproba o nomeamento de Blanco Freijeiro como fillo predilecto
Por Redacción |
-
As XVIII Xornadas Blanco Freijeiro xirarán en torno á historia da música
Por Redacción |
-
As Historias do mar centrarán as XV Xornadas Blanco Freijeiro en Marín
Por Redacción |