A rehabilitación integral e enerxética do CEP Sequelo, para 2022
Por Redacción
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, investirá 883.000 euros na rehabilitación integral e enerxética do Centro de Educación Primaria (CEP) Sequelo de Marín.
Nunha visita ao centro acompañado da alcaldesa María Ramallo, o delegado territorial do goberno galego, Luís López, anunciou este xoves que este proxecto atópase xa en fase de licitación coa previsión de proceder á súa adxudicación no que resta de ano e executar a obra ao longo de 2022.
"Modernizarase por completo o CEP Sequelo, xa que queremos seguir estando á vangarda nas condicións de confortabilidade de colexios e institutos", sinalou o representante autonómico.
Esta actuación integral contará cun prazo de execución de cinco meses que deberá realizarse de maneira coordinada coa actividade lectiva para minimizar no posible as molestias a estudantes e docentes.
Entre as melloras previstas efectuarase un cambio da envolvente para incrementar a sensación térmica, a renovación dos illamentos das fachadas, a substitución de todas as carpinterías exteriores, a dotación de falsos teitos, a motorización das xanelas, o cambio das portas deterioradas, o acondicionamento dos armarios, o pintado xeral de todo o edificio e a instalación de novas luminarias que favorezan a eficiencia.
Sobre este proxecto a a alcaldesa, María Ramallo, defendeu que o CEP Sequelo é un dos "centros concibidos cunhas matrículas moi amplas e agora o que procede é poñelos en forma e adaptalos ás novas necesidades, con espazos máis amplos".