Finalizan as obras as obras na escola infantil de Tenorio ás portas do novo curso
Por Redacción
Cumprindo os prazos, veñen de rematar as obras de mellora e mantemento executadas polo Concello de Cerdedo-Cotobade na escola infantil de Tenorio.
Neste proxecto investíronse 22.000 euros co fin, segundo informan desde o Concello, de darlle mellor operatividade e funcionalidade a este centro educativo.
Estes traballos foron acometidos durante o mes de agosto para que en setembro, coincidindo co inicio do novo curso escolar, o centro estivese en perfecto estado e a disposición da comunidade educativa e as familias.
A actuación consistiu nun paquete de melloras, tarefas de acondicionamento e posta a punto, tanto do edificio principal como do exterior.
En concreto, realizáronse tarefas de limpeza e pintado, colocáronse novos pavimentos e revisouse a carpintería de aluminio.
A maiores, eliminouse a división física que había entre a zona de sono e unha aula.
En canto ao espazo exterior da escola infantil, procedeuse a cambiar o céspede artificial e ao arranxo da zona destinada a xogos.
Estas melloras foron postas en común coa comunidade educativa e contaron coa supervisión dos servizos técnicos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e os municipais do Concello de Cerdedo-Cotobade.
A execución dos traballos correu a cargo do Concello, con financiamento do ente autonómico mediante a compensación das liquidacións que corresponden abonar á Administración local por este servizo público.
Relacionadas:
-
Perfecto Rodríguez visita as obras na Escola Infantil de Tenorio
Por Redacción |
-
Comeza o acondicionamento interior do Centro Sociocultural de Tenorio
Por Redacción |
-
Entran na fase final as obras de mellora interior da Escola de Música de Tenorio
Por Redacción |
-
Instalan unha lona no patio cuberto do colexio de Tenorio para protexer a rapazada da chuvia
Por Redacción |