O PP de Pontevedra considera "inxusto" a distribución dos fondos europeos para obras de abastecemento
Por Redacción
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, Pablo Fernández, preguntará na próxima Comisión municipal de Urbanismo pola distribución dos fondos europeos para obras de abastecemento no rural xa que considera "que non está a chegar dunha maneira xusta e eficaz, como debería".
Segundo trasladou o PP, algúns veciños de varias parroquias pontevedresas trasladáronlles "que o Concello decidiu que as últimas vivendas de cada parroquia queden fóra desta repartición de axudas, xa que é máis custoso chegar a elas".
Pablo Fernández asegura que "é inxustificable que o motivo económico prime en algo tan básico como o abastecemento" polo que estudará os motivos que levaron ao Concello a "deixar tirados a decenas de veciños".
"Se xa nos preocupaba a existencia de veciños de segunda categoría, con demandas lóxicas, agora alármanos que se estea xerado unha terceira división", declarou Fernández.
Relacionadas:
-
A depuradora dos Praceres, en servizo en setembro despois das obras de mellora
Por Redacción |
-
Pontevedra renova as bombas da estación de Monte Porreiro para optimizar o abastecemento
Por Alejandro Espiño |
-
Augas de Galicia recibe 10 ofertas para a redacción do proxecto de mellora do bombeo de Cocheras
Por Redacción |
-
O novo emisario submarino da depuradora de Praceres estará listo en 12 meses
Por Manu Otero |