Sanxenvo volverá acoller os congresos sobre hipertensión e risco vascular o 1 e 2 de outubro
Por Redacción
Sanxenxo volverá ser a sede dos congresos médicos de hipertensión e risco vascular os próximos 1 e 2 de outubro.
A Sociedade Galega de Hipertensión aposta de novo polo municipio para estrear o seu ciclo de xornadas presenciais tras un ano de parón pola pandemia e farao con profesionais de primeiro nivel vindos desde distintos puntos de Galicia e de España.
O doutor e membro do comité organizador das xornadas, Carlos Názara, xunto ao concelleiro de Economía, Marcos Guisasola, presentaron este luns as citas que terán lugar no Hotel Carlos I e no Hotel Sanxenxo a primeira fin de semana de outubro.
"Estamos encantado de volver a acoger para muchos el mejor congreso autonómico con profesionales de distintos puntos de España e incluso Portugal. Unas jornadas que supondrán una importante inyección en la actividad turística ya que más de 650 personas se alojarán en el municipio ese fin de semana", explicou Marcos Guisasola.
A confluencia nese mesma fin de semana da 19 Xornada de Enfermería sobre Risco Vascular, o 27 Congreso da Sociedade Galega de Hipertensión e o 18 Congreso Sociedade Galega de Risco Vascular permitirá realizar unha actualización dos factores de riscos vasculares, analizar a relación da covid-19 coas enfermidades cardiovasculares e potenciar a medicina integral.
"Este será nuestro primer congreso presencial que precederá al de Cardiología que va a tener lugar en noviembre también en Sanxenxo", explicou Názara.
Con estas xornadas e como xa é costume, habilitarase unha carpa na Rosa dos Ventos do Paseo de Silgar cun equipo médico na que se analizará de forma gratuíta os factores de risco. Medirase o colesterol, a glicosa e pesarase e medirá ao paciente. Unha vez realizados estes parámetros entregarase unha ficha á persoa para que se realice un seguimento, se fose necesario, co seu médico de cabeceira.
As xornadas contarán con profesionais moi importantes no mundo médico como Angel Carracedo, Jose Ramón González Juanatey, cardiólogo do CHUS; Pedro Conthe, médico de Medicina Interna do Gregorio Marañón; José María Mostaza, da Unidade de Lípidos e Arterioesclerosis do Hospital Carlos III de Madrid, entre outros.
Relacionadas:
-
Máis de 300 profesionais estudarán a hipertensión e o risco cardiovascular esta fin de semana en Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Garda Civil e a GNR de Portugal patrullan Sanxenxo para garantir un turismo seguro
Por Redacción |
-
Unha actuación que empezou cunha senda e que inclúe a recuperación ambiental do litoral e un centro de interpretación
Por Redacción |
-
Crecen en máis de 45% as visitas ás oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo con respecto ao ano anterior
Por Redacción |