A Lama, municipio da área sanitaria con menos poboación vacinada: só o 67% ten a pauta completa
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño
O ritmo do proceso de inmunización da poboación galega fronte á covid-19 é desigual ao longo de todo o territorio e deixa varios puntos de diferencia nas porcentaxes de vacinación por municipios. Mentres Vilar de Barrio (Ourense) chega ao 91,44%, en Negueira de Muñiz (Lugo) tan só ao 56,92 % da poboación diana. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non hai variacións tan acusadas, pero si grandes diferencias.
O municipio con menor ritmo de vacinación é A Lama, onde case catro de cada dez veciños da poboación diana non están inmunizados. Tan só o 66,68% dos seus habitantes teñen pauta completa de vacinación.
A Lama é un dos catro concellos galegos con menos persoas que xa recibiran as dúas doses e na área sanitaria pontevedresa o único con menos do 70% da poboación vacinada.
O seguinte concello con menos porcentaxe de vacinas administradas é Ponte Caldelas, onde ten a pauta completa o 74,28 % do censo maior de 12 anos.
Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o municipio con máis poboación vacinada é Campo Lameiro, que acada o 85,11% dos seus habitantes, seguido de preto por Cuntis, co 84,61%.
Destacan tamén polo bo ritmo de poboación varios concellos que se atopan no 83% da poboación: Portas (83,13%), Meis (83,33%) e Cerdedo-Cotobade (83,35%).
Con índices superiores ao 80%, isto é, con máis de oito de cada dez veciños vacinados, están Barro (81,45%) e Moraña (81,29%).
Moi de preto síguenos Viaboa, co 79,66%; Vilanova de Arousa, co 79,65%; Bueu, co 79,40%; A Illa de Arousa, co 79,33%; Caldas de Reis (78,94%); Meaño (78,75%) e Ribadumia (77,65%).
No referente as sete grandes cidades, Pontevedra é a segunda con menor porcentaxe de poboación vacinada, o 77,41%, que tan só é inferior en Vigo, co 75,60%. As cifras do resto de cidades galegas son: A Coruña, 78,01%; Lugo, 80,33%, Ourense, 80%; Santiago de Compostela, 81,02%; e Ferrol, 80,56%.
As porcentaxes do resto da área sanitaria son: Cambados, 76,29%; Vilagarcía de Arousa, 76,59 %; Poio, 77,13% ; Marín, 76,46% ; Sanxenxo; 76,84 %; e O Grove, 75,41% .