Andaina dende a Escusa en sinal de protesta polo Parque Eólico no Castrove
Por Redacción
A plataforma veciñal "Non ao Parque Eólico de Castrove", reuniu este domingo ás 11:00 horas a un grupo de 100 persoas para subir ata o alto do monte en sinal de protesta pola construción deste tipo de instalación preto das aldeas.
A saída foi desde a Capela de San Ramón, na Escusa, e camiñaron ao ritmo dos tambores e pandeiretas da Escola tradicional de música de Poio ata o Outeiro dos Corvos, onde actuou Miguel Martínez e algúns fixeron un picnic.
Con esta camiñada, a plataforma veciñal e os veciños dos catro concellos afectados queren mostrar o seu rexeitamento cara a este proxecto "tan prexudicial para a poboación".
O proxecto de parque eólico no monte Castrove coñeceuse o 22 de xullo e está a levantar unha forte oposición social posto que, segundo a plataforma "Non ao Parque Eólico de Castrove", os aeroxeradores afectarán "negativamente o benestar das persoas que residen nas poboacións próximas, causará danos irreversibles á flora, fauna e tamén impedirá o aproveitamento económico e goce de todas as persoas deste espazo, que conta cunha gran riqueza natural e patrimonial".
Ademais, a instalación ocupará gran cantidade de terreo e afectará a numerosas casa da Escusa, "que verán devaluadas as súas propiedades ata un 50% e permitindo expropiacións futuras unha vez que o chan se declare de interese público".
Relacionadas:
-
A APDR solicita a retirada do proxecto eólico no Castrove
Por Redacción |
-
Alegan contra o parque eólico do Castrove polo seu "grave impacto" no municipio
Por Redacción |
-
Entregan á Xunta máis de cincocentas alegacións contra o proxecto eólico en Monte Castrove
Por Redacción |
-
A corporación de Poio ultima a elaboración da súa alegación conxunta contra o proxecto do parque eólico do Castrove
Por Redacción |
-
A plataforma veciñal "Non ao Parque Eólico do Castrove" convoca unha reunión aberta
Por Oskar Viéitez |
-
Convocada unha reunión telemática para abordar a situación do proxecto do parque eólico do Monte Castrove
Por Redacción |